*Video por Israel Puterman | Israel Social TV
As Forzas de Defensa de Israel asasinaron o venres pasado a Aquel Srour, veciño de Ni’lin(Ramallah) que ía participar da manifestación organizada semanalmente polo comité popular local contra a construcción do Muro.
Os soldados atacaron con munición denominada non-letal aos veciños, reunidos para realizar as súas oracións antes de dar comezo unha manifestación non-violenta da que cada semana participan tamén activistas israelitas e internacionais.
En dous anos de manifestacións Aquel Srour é o quinto veciño de Ni’lin asasinado, en ocasións os soldados e a Policía de Fronteiras disparan con munición real sobre os manifestantes, tal foi o caso de Ahmed Mousa, un cativo de 11 anos asasinado por un policía fronteirizo dun disparo na nuca a cinco metros de distancia.
O asasinato de Aquel Srour non é un feito illado no tempo nin no espazo, nas vilas palestinas a ocupación tense desenvolto a un nivel en que toda actividade humana se convirte nun acto de resistencia e a represión contra as vilas organizadas na loita contra a ocupación é brutal, cada semana en vilas como Ni’lin, Budrus, Bil’in, Al Ma’sara ou Saffa -entre outras moitas- os manifestantes feridos cóntanse por ducias e as incursións militares son diarias.
Fontes directas:
Axencia Maan: http://www.maannews.net/en/index.php?opr=ShowDetails&ID=38333
Palestine Solidarity Project: http://palestinesolidarityproject.org/2009/06/07/akeel-sruour-killed-during-demonstration-in-nilin/
Anarquistas Contra o Muro: http://awalls.org/akal_srur_murdered_by_israeli_border_police_sniper_during_the_friday_demonstration_in_nilin
