O grupo de traballo da película TO SHOOT AN ELEPHANT chama a unha Xornada de Proxección Global para o día 18 de xaneiro, cando se cumpre o primeiro aniversario do final dos ataques militares da operación “Chumbo Fundido”.
O torrent para a libre descarga está dispoñible na súa web (http://toshootanelephant.com/es) e a obra está licenciada baixo Creative Commons e subtitulada ao galego entre outras linguas.
O Centro Social Okupado A Casa das Atochas (r/Atocha Alta 14; Montealto, A Coruña | http://www.casadasatochas.info/) organiza un pase a partir das 20:30h.
