Feeds:
Artigos
Comentarios

Mobilizacións | Para mañá, martes 1 de xuño, ás 20:30h no Obelisco d’A Coruña hai convocada unha concentración de repulsa polo ataque á Flotilla da Liberdade.

Soldados do Exército de Israel interceptaron esta madrugada a Flotilla da Liberdade, que pretendía desobedecer o bloqueo sobre a Faixa de Gaza e portaba miles de toneladas de material de corte humanitario, asasinando a varixs dxs participantes (entre 10 e 60 segundo fontes diversas) e ferindo a outrxs.

A interceptación prodúxose a entre unhas 75 e 100 millas da costa do Estado de Israel, en augas internacionais, violando así o Dereito Internacional desde o primeiro minuto.
Segundo o comunicado do Exército, os soldados foron recibidos con fogo real pola Flotilla. Este dato foi desmentido por xornalistas presentes (varias ducias), e resulta cértamente inverosímil dado o perfil dxs integrantes da flotilla e o feito de que non haxa mortes máis ca do bando activista.
A estas horas parece que non existe comunicación cos seis barcos, xa tomados polo Exército e que se dirixirían a Ashdod. Nas datas previas os militares afirmaran que xs participantes da Flotilla serían internadxs en centros de detención en territorio israelita se non se entregaban, sen resistencia, aos interceptores.
Nas imaxes da interceptación vese cómo varixs participantes da Flotilla baten con paus a soldados israelitas que baixan cableados desde helicópteros. Segundo o comunicado do Exército hai dous soldados feridos.
Unha nova onda de mobilizacións está nas rúas.

Fonte: http://www.galizalivre.org/

Uniom Europeia está a subsidiar os serviços de segurança de Israel rachando seu compromisso de imparcialidade

Redacçom / A recente publicaçom em European Voice do artigo “Should the EU subsidise Israeli security?” de Ben Hayes, director de projecto do grupo polas liberdades civis Statewatch, deita nova luz sobre aspectos desconhecidos da colaboraçom da Uniom Europeia na segurança do estado de Israel. A informaçom relata é inédita ainda na nossa língua, e nem está a trascender nos meios empresariais. Aliás, a inclusom de Isael no programa de investigaçom sobre segurança da UE rompe o compromisso da UE de imparcialidade no conflito de Oriente Médio.

Em termos per cápita, Israel e o Estado nom membro da UE que mais fundos está a recebere. Somente a Fundaçom das Ciências de Israel, sita em Jerusalém, é umha fonte de financiamento para a investigaçom mais vigorosa do que a Uniom Europeia. Desde que a UE começou em 1984 a financiar a investigaçom, cada ano aumenta os fundos.

A relaçom destes fundos com o investimento militar é mui estreita. Assim, a Comissom Europeia assinou dezenas de contratos de investigaçom com a Israel Aerospace Industries (fabricante estatal de avions nom tripulados), Motorola Israel (Produtos de balados “virtuais” arredor dos assentamentos) e Elbyt Systemns, umha das maiores empresas militares. Só o Reino Unido, Alemanha, França e Itália, estám a impulsar mais programas de investigaçom de “segurança” da UE do que Israel, que nom fai parte da mesma. Umha das empresas mais lucradas está a ser a Verint Systems, que proporciona dados aos directórios de possíveis gabinetes de crise. Indica Ben Hayes que estes contratos UE-Israel, tratam sempre de evitar palavras mais duras tais como “vigilância” ou “segurança nacional”; assim Verint é descrita como “umha empresa líder em optimizaçom de força de trabalho e soluçons de segurnaça de inteligência, incluíndo a inteligência de vídeo, segurança pública e de inteligência e comunicaçons e soluçons de investigaçom”. Na realidade, a empresa é subsidiada pola UE para a vigilância e escuitas ilegais.

A escusa da Comissom Europeia para o subsídio da segurança de Israel é a de que é “totalmente coerente com o objectivo” de aumentar “a base de conhecimentos de Europa”.

Javier Solana, chefe de política exterior da UE durante umha década, declarou que “Israel é, permitam-me dizer, um membro da Uniom Europeia sem ser membro das instituiçons”, sublinhando que “Nengum país fora do continente tem o tipo de relaçons com a UE que tem Israel”.

Remata perguntando-se Ben Hayes se “os contribuintes europeus querem que os administradores da UE destinem o seu dinheiro a umha indústria de guerra no coraçom de umha das questons geopolíticas mais sangrentas, mais prolongadas e mais sensíveis do nosso tempo?”

O grupo de traballo da película TO SHOOT AN ELEPHANT chama a unha Xornada de Proxección Global para o día 18 de xaneiro, cando se cumpre o primeiro aniversario do final dos ataques militares da operación “Chumbo Fundido”.

O torrent para a libre descarga está dispoñible na súa web (http://toshootanelephant.com/es) e a obra está licenciada baixo Creative Commons e subtitulada ao galego entre outras linguas.

O Centro Social Okupado A Casa das Atochas (r/Atocha Alta 14; Montealto, A Coruña | http://www.casadasatochas.info/) organiza un pase a partir das 20:30h.

Fai aproximadamente un mes, a asociación de presxs palestina Addameer, xunto coa campaña Stop The Wall, presentaban un exhaustivo informe (Repression allowed, resistance denied. Israel’s supression of the popular movement against the Apartheir Annexation Wall) sobre a xenealoxía da campaña e das organizacións conexas e a súa continuada represión.

No informe recóllese detalladamente a singladura da represión contra os movementos sociais que se opoñen ao Muro do Apartheid israelita desde o 2002 -ano en que se promulgou a súa construcción- mediante organizacións horizontais, non-violentas e que teñen coordinación a través de Stop the Wall. Destacan a aplicación do castigo colectivo contra as vilas en que hai actividade destas organizacións e a persecución selectiva de activistas a través da brutalidade militar e burocrática, que endurecen as prácticas xeneralizadas da ocupación; incursións militares, asasinatos, palizas, confiscación de terras, demolición de casas, imposición de toques de queda, detencións administrativas, etc.

Mohammed Khatib

Mohammed Khatib

Nas escasas catro semanas que siguen á publicación do informe varixs manifestantes recibiron disparos con munición real, Mohammed Khatib, do comité popular de Bil’in, recibíu unha malleira durante unha incursión militar en varias casas da vila e Mohammed Othman, do comité popular de Jayyous e da campaña Stop the Wall, foi arrestado sen cargos (baixo detención administrativa) na fronteira con Xordania cando voltaba dunha xira informativa por Noruega.

Campaña pola liberación de Othman

Desde a súa detención na Ponte de Allenby, son escasas as novas que se teñen de Mohammed Othman. Atópase baixo detención administrativa en Huwwara (Nablus). A Orde Militar 1229 permite aos comandantes militares resolver a detención administrativa por prazos renovables de seis meses dxs habitantes dos Territorios Ocupados sen necesidade de cargo ou proba.

Xa se puxo en marcha unha campaña internacional de presión social pola liberdade de Othman, todas as indicacións e novidades están dispoñibles no blogue http://freemohammadothman.wordpress.com/

Vinte días de prisión para un activista israelita

Kobi Snitz, á entrada do centro de detención de Abu Kabir

Kobi Snitz, á entrada do centro de detención de Abu Kabir

Kobi Snitz, do colectivo Anarquistas Contra o Muro, ingresou o pasado día 21 no centro de detención de Abu Kabir para cumplir unha sanción de 20 días de privación de liberdade. Impútaselle ter estorbado o traballo das autoridades israelitas durante a demolición dunha casa palestiniana en Kharbatha no 2004.

Para visibilizar a asimetría entre a impunidade das agresións israelitas (coa complicidade da Unión Europea e os Estados Unidos, mesmo os crimes cometidos durante a Operación Chumbo Fundido sobre Gaza quedarán libres de castigo) e a aplicación dunha lexislación de apartheid contra xs palestinianxs (calquera adolescente árabe tería pasado meses ou algún ano en prisión polos mesmos feitos), Kobi ingresou no centro negándose a aceptar o pagamento dunha multa de 2000 shekels israelitas e tres meses de liberdade condicional.

Por volta de 25 persoas concéntramonos nas inmediacións do Club Finaciero da Coruña onde, neses intres, ofrecía unha conferencia o Embaixador de Israle en España, Rafael Schutz.

IMG_2771

O mesmo día do acto (22/07/09) á mañá, e a través do medio dixital Vieiros,
http://www.vieiros.com/nova/75589/unha-concentracion-de-repulsa-recibira-o-embaixador-de-israel
enterábamosnos da presenza en Galicia deste persoeiro, e da convocatoria, por parte da organización xuveníl Galiza Nova e Galiza por Palestina, dunha concentración de repulsa.

Case sen tempo, e a golpe de mailing e sms, individualidades dos movementos sociais coruñeses (que xa tiveramos organizado a acción C.U.P Zaitun contra a brutal e sanguinaria invasión a Gaza de decembro-xaneiro http://cupzaitun.blogaliza.org/ ) acodimos a amosar a nosa repulsa pola presenza do máximo responsable do estado asasino de Israel.

Cunha faixa que puña “Sabra, Balata, Shatila, Jenin, GAZA. NON ESQUECEMOS. NON PERDOAMOS”

E coreáronse lemas como:

A loita Palestina, non parará!
Estado de Israel, Estado terrorista!
Clube Financieiro, Clube de sangue!
Viva a loita, Viva Palestina!
Aí adentro agochan asasinos!

…que fixeron que a nosa presenza fose, alomenos, molesta (tiveron que pechar a porta do edificio) durante 45 minutos.

En todo momento sentimos a presenza das forzas de seguridade (dúas patrullas da Policia Nacional) pero sobre todo do “servizo secreto” e da seguridade persoal do embaixador. Un fulano non parou de tirarnos fotos, incluso antes de amosar públicamente o noso rexeitamento con faixas, lemas e fotografías do apartheid palestino feitas por un compañeiro activista no terreo.

Algúns medios fotografiaron a acción pero isto é o único que os media empresariais sacan hoxe:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009072300_16_306211__Contraportada-Rafael-Schutz-Mossad-tiene-objetivos-mucho-importantes-alcalde-Oleiros

Ás compañeir*s de Vigo lembrarlles que a charla-coloquio repetirase este xoves 23/07/09 en Vigo, tamén coa presenza de Schutz, que estará acompañado polo ex alcalde da cidade, ex senador e ex eurodeputado do Partido Popular, Manuel Pérez, e polo presidente de AGAI, Pedro Gómez-Valadés.
Será no Pazo Los Escudos http://www.pazolosescudos.com/ , a partir das 20.00 horas.

VIVA A LOITA POPULAR!
PALESTINA VENCERÁ!

asentamento MAbdimO Xornal de Galicia 20/07/2009 publicaba un artigo sobre a rede de asentamentos israelitas na Cisxordania ocupada.

O texto, de Ricardo Mir, destaca por apuntar á relación dos asentamentos cos enclaves do turismo global e a intrínseca especulacuión inmobiliaria, habitualmente distorsionada polos medios de comunicación a través da imaxinería fanatista do denominado movemento colono.

El verde paz de los asentamientos
En Cisjordania se encuentran impúdicas gangas, villas ajardinadas en zona de conflicto

Ricardo Mir de Francia/Talmón (Ramala)

Fonte: http://www.xornal.com/artigo/2009/07/19/mundo/verde-paz-asentamientos/2009071923482289364.html

Villas unifamiliares a 120.000 euros. Jardín. Aire puro. Vistas a los valles y las colinas. Carreteras exclusivas; sin tráfico ni árabes. A medio camino entre Jerusalén y Tel Aviv. Guardería y transporte subvencionado. Protección del Ejército.

Éste podría ser el texto de un anuncio algo impúdico de las gangas inmobiliarias que Seguir lendo »

Malalai Joya

Malalai Joya

Artigo da xornalista Judy Cannon con motivo da publicación do libro Raising my voice, da activista afghana Malalai Joya

Fonte: http://www.sinpermiso.info/textos/index.php?id=2717

Los EEUU gastan 100 millones de dólares al día en la guerra de Afganistán y 7 millones más diarios en su reconstrucción. Se ha comprometido a gastar 2,4 billones en los próximos 10 años. Enormes y caros edificios se han construido en Kabul, ahora “propiedad de los señores de la guerra”. El tráfico de drogas de Afganistán hacia EEUU y Europa genera Seguir lendo »

Rastros de Dixan

Rastros de Dixan. Islamofobia y construcción del enemigo en la era post 11-S é a última novidade editorial de Virus (http://www.viruseditorial.net/index.php)

dixanLos atentados del 11 de septiembre en Nueva York abrieron una era en la que la denominada «guerra de civilizaciones» y la creación de un nuevo enemigo que la justificara, el islam, se convirtieron en el pretexto para las ocupaciones de Irak y Afganistán y para la fiebre securitaria en la que aún cabalgan los Estados occidentales.

En el Estado español, el atentado del 11 de marzo de 2004 en Madrid, que acabaría con la vida de 191 personas, convertiría la lucha contra el «terrorismo yihadista» en una prioridad. Desde entonces y de forma injusta, la población Seguir lendo »

*Video por Israel Puterman | Israel Social TV

As Forzas de Defensa de Israel asasinaron o venres pasado a Aquel Srour, veciño de Ni’lin(Ramallah) que ía participar da manifestación organizada semanalmente polo comité popular local contra a construcción do Muro.
Os soldados atacaron con munición denominada non-letal aos veciños, reunidos para realizar as súas oracións antes de dar comezo unha manifestación non-violenta da que cada semana participan tamén activistas israelitas e internacionais.
En dous anos de manifestacións Aquel Srour é o quinto veciño de Ni’lin asasinado, en ocasións os soldados e a Policía de Fronteiras disparan con munición real sobre os manifestantes, tal foi o caso de Ahmed Mousa, un cativo de 11 anos asasinado por un policía fronteirizo dun disparo na nuca a cinco metros de distancia.
O asasinato de Aquel Srour non é un feito illado no tempo nin no espazo, nas vilas palestinas a ocupación tense desenvolto a un nivel en que toda actividade humana se convirte nun acto de resistencia e a represión contra as vilas organizadas na loita contra a ocupación é brutal, cada semana en vilas como Ni’lin, Budrus, Bil’in, Al Ma’sara ou Saffa -entre outras moitas- os manifestantes feridos cóntanse por ducias e as incursións militares son diarias.

Fontes directas:

Axencia Maan: http://www.maannews.net/en/index.php?opr=ShowDetails&ID=38333
Palestine Solidarity Project: http://palestinesolidarityproject.org/2009/06/07/akeel-sruour-killed-during-demonstration-in-nilin/
Anarquistas Contra o Muro: http://awalls.org/akal_srur_murdered_by_israeli_border_police_sniper_during_the_friday_demonstration_in_nilin