Por volta de 25 persoas concéntramonos nas inmediacións do Club Finaciero da Coruña onde, neses intres, ofrecía unha conferencia o Embaixador de Israle en España, Rafael Schutz.
O mesmo día do acto (22/07/09) á mañá, e a través do medio dixital Vieiros,
http://www.vieiros.com/nova/75589/unha-concentracion-de-repulsa-recibira-o-embaixador-de-israel
enterábamosnos da presenza en Galicia deste persoeiro, e da convocatoria, por parte da organización xuveníl Galiza Nova e Galiza por Palestina, dunha concentración de repulsa.
Case sen tempo, e a golpe de mailing e sms, individualidades dos movementos sociais coruñeses (que xa tiveramos organizado a acción C.U.P Zaitun contra a brutal e sanguinaria invasión a Gaza de decembro-xaneiro http://cupzaitun.blogaliza.org/ ) acodimos a amosar a nosa repulsa pola presenza do máximo responsable do estado asasino de Israel.
Cunha faixa que puña “Sabra, Balata, Shatila, Jenin, GAZA. NON ESQUECEMOS. NON PERDOAMOS”
E coreáronse lemas como:
A loita Palestina, non parará!
Estado de Israel, Estado terrorista!
Clube Financieiro, Clube de sangue!
Viva a loita, Viva Palestina!
Aí adentro agochan asasinos!
…que fixeron que a nosa presenza fose, alomenos, molesta (tiveron que pechar a porta do edificio) durante 45 minutos.
En todo momento sentimos a presenza das forzas de seguridade (dúas patrullas da Policia Nacional) pero sobre todo do “servizo secreto” e da seguridade persoal do embaixador. Un fulano non parou de tirarnos fotos, incluso antes de amosar públicamente o noso rexeitamento con faixas, lemas e fotografías do apartheid palestino feitas por un compañeiro activista no terreo.
Algúns medios fotografiaron a acción pero isto é o único que os media empresariais sacan hoxe:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009072300_16_306211__Contraportada-Rafael-Schutz-Mossad-tiene-objetivos-mucho-importantes-alcalde-Oleiros
Ás compañeir*s de Vigo lembrarlles que a charla-coloquio repetirase este xoves 23/07/09 en Vigo, tamén coa presenza de Schutz, que estará acompañado polo ex alcalde da cidade, ex senador e ex eurodeputado do Partido Popular, Manuel Pérez, e polo presidente de AGAI, Pedro Gómez-Valadés.
Será no Pazo Los Escudos http://www.pazolosescudos.com/ , a partir das 20.00 horas.
VIVA A LOITA POPULAR!
PALESTINA VENCERÁ!
Deixar un comentario